Actividade en horario lectivo en colaboración co Centro Escolar
Se ben é certo que coa Liga Escolar de baloncesto do P.B.B. temos conseguido o obxectivo de non limita-la participación condicionando esta a aspectos físicos ou técnicos, unha análise máis profunda levounos a ver que a pesares de non limita-lo acceso por cuestións económicas (lembremos que a actividade de baloncesto escolar é gratuíta para os nenos e para as A.N.P.As), físicas ou de calquera outra índole; decatámonos que si existe unha limitación allea ás nosas intencións, esta é a localización familiar dos nenos e nenas, xa que ó non existir transporte escolar polas tardes e moitos dos nenos e nenas viven en zonas rurais crea un atranco cara a súa participación na actividade sinalada no apartado anterior e por iso que afondamos nunha nova proposta que fixera posible chegar a tódolos rapaces sen excepción. Esta proposta plasmouse coa Liga Escolar Val da Louriña, que nesta tempada celebrará a súa V edición, conservando o seu nome a pesares que neste curso non participarán nela os colexios do Concello de Mos, tal e como fixeran hai dous anos, aínda que si tódolos do Concello do Porriño sen excepción.
Esta actividade parte de obxectivos comúns coa Liga Escolar de Baloncesto do P.B.B e conta coa colaboración dos Equipos Directivos dos centros educativos e dos mestres e mestras de Educación Física.
Nesta quinta edición consolidase o proxecto da IV edición, dito proxecto presentouse nos centros o remate do curso pasado e diferenciase do das primeiras edicións xa que limita a fase de partidos a unha fase de competición interna, deixando os encontros entre escolas para a xornada de clausura que celebrarase en maio nos polideportivos municipais do Porriño
A valoración feita polos mestres e mestras que levan participado na actividade a o longo destos cinco anos é plenamente satisfactoria o que fai que esta proposta este xa consolidada dentro do programa educativo das escolas participantes.
De seguido presentase unha táboa cos datos máis relevantes :
|
Coordinador: Enrique M. Dopico López |
|
|
Dirixida a: Cursos de 3ºe 4º de primaria |
|
|
Lugar: Colexios de O Porriño |
|
|
Días e Horas: 3 horas no 1º trimestre, 2 partidos internos no 2º trimestre e a Clausura con tódolos participantes no mes de maio. |
|
|
Adestradores: |
|
|
Centros Educativos Participantes : (Concello do Porriño) |
|
|
Nº Alumnos Temporada 2008/09: 385 |
|
| Adjunto | Tamaño |
|---|---|
| CALENDARIO DA 1ª VISITA 2008-09.pdf | 55.14 KB |
| CALENDARIO DA 2ª VISITA 2008-09.pdf | 54.45 KB |
| CALENDARIO DA 3ª VISITA 2008-09.pdf | 54.55 KB |
| V LEVdL CALENDARIO DE PARTIDOS 2008-09.pdf | 56.84 KB |
