Actividade en horario extraescolar en colaboración coas ANPAS.
A Liga Escolar do P.B.B. é unha actividade aberta a tódolos nenos e nenas dos colexios de Educación Primaria do Concello de O Porriño e a súa bisbarra.
A actividade xurde coa idea de ofrecer unha actividade deportiva como é o baloncesto sen limitación algunha, aquí ten cabida todo aquel que queira facer baloncesto, sen importar altura, talla, peso, aptitudes deportivas... só queremos espallar a práctica do baloncesto a todo o noso entorno.
A actividade realízase, igual que en anos anteriores, en colaboración coas A.N.P.A.S. dos centros educativos, ofertándose como actividade extraescolar totalmente gratuíta para o alumnado e as propias A.N.P.A.S., xa que é o club quen correcos gastos de adestradores/as e arbitraxes. Só se require que o alumnado teña seguro escolar para evitar calquera tipo de continxencia.
Os partidos desenrolaranse tódolos venres a partires de xaneiro e ata finais de maio,divididos en dúas categorías, benxamín (3º e 4º de primaria) e alevín (5º e 6º de primaria) de xeito que tódolosnenos xoguen fronte os demais colexios, unhas veces no seu centro educativo eoutras visitando outra escola veciña.
O horario de inicio dos partidos será entre ás 16.00 h e as 16:45 h e rematarán antes das 17:30 h. En calquera caso acomodándose, dentro do posible, ás necesidades dos centros educativos.
Coa idea de facilitar transporte e intendencia, os equipos concentraranse en campos de xogo, que irán rotando cada semana.
Ademais da fase de Liga Interescolar organizaranse esta tempada duas concentracións, que coa denominación xenérica de “Jamborees” ou xuntanzas, contarán coa presenza no Pavillón Municipalde O Porriño de tódolos nenos e nenas dos colexios participantes da actividadede baloncesto escolar, das Escolas Deportivas Municipais de Baloncesto do Concello de Porriño e máis dos xogadores e xogadoras de Minibasket do PBB. Serán pois na Jamboree do Nadal en decembro, e na Jamboree de Clausura en maioonde tódolos rapaces poidan gozar dunha xornada intensa de baloncesto.
Nesta edición temos previsto unha asistencia a cada unha de estas xornadas dun total de 150 nenos e nenas de distintas categorías que se agruparán por idades nos dous pavillóns municipais, empregando cinco ou seis campos de xogo simultaneamente, desenvolvéndose neles encontros entre equipos, xogos de habilidades e destrezas, concursos relacionados co baloncesto, etc.
Ó final destasxuntanzas procederase ó sorteo de agasallos e o reparto dunha pequena merenda atódolos nenos e nenas asistentes.
De seguido presentase unhas táboas cos datos máis relevantes:
Coordinador: Enrique M. Dopico López |
|
Dirixida a os Cursos de: 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria |
|
Lugar: Colexios de O Porriño e Mos. |
|
Días e Horas: 2 días á semana e partidos os venres a partir de xaneiro |
|
Adestradores: |
|
|
Centros Educativos Participantes : (Concello do Porriño) |
|
|
Centros Educativos Participantes (Concello de Mos) : |
|
|
Nº Alumnos Temporada 2008/09: 120 |
|
| Adjunto | Tamaño |
|---|---|
| Normas Partidos Liga Escolar PBB 2008-09.pdf | 75.82 KB |
| Calendario Partidos Liga Escolar PBB 2008-09.pdf | 37.33 KB |
