O Porriño Baloncesto Base ten establecido un convenio de colaboración coas escolas deportivas municipais, dependendo do noso club a organización e desenvolvemento da Escola Municipal de Baloncesto.
Esta actividade desenrrolase dous días á semana en horario de 17.30 a 18.15 a primeira quenda e de 18.15 a 19.00 horas a segunda quenda.
Os obxectivos son básicamente iniciar ós rapaces e rapazas de entre cinco e dez anos no mundo da canastra tentando ser unha actividade socializadora, recreativa e como non educativa.
Dous adestradores do club, ámbolos dous con titulación superior, son os encargados de levar a cabo esta tarefa.
A pasada tempada anotáronse á escola Deportiva Municipal de Baloncesto un total de 35 nenos e nenas e para a presente tempada pensamos que o número non variará moito.
Hai que salientar que a diferenza das Ligas Escolares, esta actividade é de pago, se ben o custe é baixo ó contar co apoio da Concellería de Deportes do Concello de O Porriño.
Presentase unha táboa cos datos máis relevantes
|
Coordinador: Darío Martínez Méndez |
|
Idades: 5 a 10 anos |
|
Lugar: Centro Polideportivo Municipal do Porriño |
|
Días: Luns e mércores |
|
Horario:1ª Quenda de 17:30 a 18:15 e 2ª Quenda de 18:15 a 19:00 |
|
Adestradores:
|
|
Titulacións: Adestradores Superiores |
|
Nº Alumnos: 35 |
